quarta-feira, fevereiro 14, 2007

As dramáticas consequências da normalizaçom linguística

Pero non rematan aquí os disparates: o ano que vén, animaremos aos fabricantes de xoguetes a producir bonecas que falen en galego. Non estou eu moi ao día nos artigos para nenos, pero como a tradución de “papá” e “mamá” –que é o que din as bonecas– ten pouco que rascar, propoño fomentar a fabricación de monicreques que berren “¡Ei, carballeira!” cando lles toquen a tripa, que é expresión sonora, enxebre e marcadamente nosa.
Mentres estes andan enredados en parvadas, liscan as empresas que dan traballo; quéimase o monte e as cinzas asfixian as ameixas; en Lugo, os enfermos de cancro teñen que radiarse na Coruña; hai ducias de mulleres analfabetas no medio rural; e no mesmo contorno, centos de rapaces escorregan cada día por corredoiras sen asfaltar para chegar á escola. Pero... ¿que máis dá iso, se lles galeguizan o nome e poden xogar con bonecas que falan galego normativo?
Marta Rivera de la Cruz, intentando ser engraçada sem demasiado êxito; em LV (09/02/07).

2 comentários:

Anónimo disse...

Eu aínda diría máis, a culpa do cambio climático tamén a teñen os nacionalistas por perdelo tempo defendendo os dereitos lingüísticos dos cidadáns.

E das matanzas das focas en Canadá, e de que en África pasen fame, dos violadores, dos maltratadores, da perda de crentes na igrexa e de oíntes na Cope...

Anónimo disse...

maldita a ponla que a árbore non sae (e aínda por riba quere zugarlle a seiva)